Ribadeo, 25 de xuño de 2025. O Concello do Porriño acolleu esta mañá un emotivo acto institucional no que se formalizou o irmandamento entre O Porriño e Ribadeo, unidos pola figura de Ramón González (1856–1925), filántropo galego cuxo legado marcou profundamente a vida social, cultural e patrimonial de ambas vilas.
O acto comezou coa recepción das autoridades na Casa Consistorial do Porriño, que sorprenderon na súa chegada caracterizados de indianos, e coa interpretación do Himno Galego. A continuación, tiveron lugar as intervencións institucionais, nas que participaron Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño; Daniel Vega, alcalde de Ribadeo; Vanessa Ucha, concelleira de Turismo do Porriño; e Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura de Ribadeo. Tamén interviron descendentes de Ramón González, que emocionaron aos asistentes lembrando a traxectoria humana e solidaria do seu devanceiro.
O rexedor ribadense destacou a figura de Ramón González e da súa dona Corona González, aludiu á súa labor filantrópica en Ribadeo e no Porriño e referiuse a outros filántropos que deixaron a súa pegada na vila: “hoxe non habería tantas cousas en Ribadeo senón fose a través da filantropía que poñía en práctica Ramón González. Poñemos como exemplo a Praza de Abastos”. E engadiu que “este é un acto que significa un compromiso, un irmandamento a través da filantropía e de Ramón González”. Vega tamén tivo palabras de agradecemento para os familiares de Ramón e Corona, que asistiron ao acto desta mañá no Porriño.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, fixo un repaso pola labor desenvolvida por dona Corona e don Ramón e subliñou que “o interese deste matrimonio por patrocinar calquera empresa cultural que tiveran preto e a súa implicación no progreso das súas respectivas vilas, fan deles unhas figuras entrañables e dignas de homenaxear”. A Ramón González está dedicado o X Ribadeo Indiano, que terá lugar do 11 ao 13 de xullo.
Será tamén en Ribadeo onde en decembro se desenvolvan os actos conmemorativos do 100 aniversario do pasamento deste filántropo local. O Porriño e Ribadeo estreitan lazos con estas accións, algo do que estarían encantados tanto dona Corona como don Ramón.
Ata O Porriño se desprazaron desde Ribadeo Ernesto Cruzado e Roberto Rodríguez, aos que lles agradeceu: “todo este traballo de documentación e de preparación para dedicarlle o Ribadeo Indiano deste 2025 a Ramón González”.






















Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



