Ribadeo, 14 de xuño de 2025. A Área de Igualdade presenta a programación da campaña Ribadeo Orgullosa 2025, que terá lugar durante o mes de xuño con actividades dirixidas a diferentes públicos, co obxectivo de promover a visibilización, o respecto e a celebración da diversidade.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo sinalou que “organizar esta programación é tamén unha forma de dicir alto e claro que en Ribadeo cabemos todas e todos, sexamos como sexamos. Queremos un concello onde cada persoa poida vivir con liberdade e sen medo a ser quen é”.
Rosa e azul
A actividade Rosa e Azul está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos de Ribadeo. A proposta consiste nunha sesión de contos teatralizados que celebran a diversidade e rompen cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto desde o nacemento.
A través da manipulación de xoguetes e monicreques artesáns, mestúranse historias reais con contos de ficción que xiran arredor do respecto, o amor, a tolerancia e a diversidade. A actividade proporciona ao alumnado un espazo de reflexión e creatividade en torno á igualdade.
Mural pola diversidade
O Concello convoca un concurso artístico dirixido a persoas residentes ou nacidas en Ribadeo para a creación dun mural.
A inscrición será gratuíta. A participación será individual e limitada a persoas naturais ou residentes en Ribadeo. O tema das obras xirará arredor de Ribadeo e a diversidade, igualdade e visibilidade do colectivo LGTBIQ+. A técnica será libre dentro do ámbito das artes murais (grafiti, pintura mural, stencil, etc.), sempre que sexa manual. O prazo de presentación de proxectos está aberto desde hoxe ata o 27 de xuño ás 14:00 horas. As bases completas están colgadas na web do Concello de Ribadeo.
O xurado seleccionará 3 bosquexos entre os presentados, valorando a súa creatividade, orixinalidade, adecuación ao tema e calidade artística. E escollerá 1 gañador/a entre as propostas finalistas e comunicará a súa decisión o 28 de maio de 2025. O mural será realizado pola persoa gañadora nun prazo máximo de 2 meses dende o anuncio do premio. A execución será nunha parede situada no ascensor panorámico do paseo marítimo de Ribadeo, cunhas dimensións aproximadas de 2,20 metros de alto por 3 metros de ancho. O premio inclúe unha dotación económica de 600€ e un vale de compra de 50 euros, xentileza de Acisa Ribadeo.
28 de xuño
A celebración central do Orgullo terá lugar o venres 28 de xuño cunha tarde chea de actividades abertas á participación cidadá.
De 17:30 a 19:00 horas instalarase no Parque de San Francisco para que as persoas participantes na campaña Completa a túa bandeira poidan depositar as súas tarxetas. Desde as 19:45 horas o grupo Pandereitos do Inferno animará as rúas coa súa música e conducirá á veciñanza desde o centro cara ao Auditorio Municipal. Unha vez alí procederase á lectura pública do Manifesto do Orgullo e á entrega do premio do concurso do mural. A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá un concerto especial ás 20:45 horas, baixo o título Coral Orgullosa, cun repertorio adaptado ao espírito da campaña. O acto servirá como peche institucional do Día do Orgullo.
Completa a túa bandeira
Durante os días previos ao 28 de xuño, veciños e veciñas poderán completar a bandeira LGTBI recollendo cores en comercios locais colaboradores. As persoas que entreguen a súa bandeira completa na urna que se instalará nas inmediacións do Parque San Francisco (xunto a antiga Oficina de Turismo) entre ás 17:30 e ás 19:00 horas do 28 de xuño entrarán nun sorteo presencial, que se celebrará ao final do concerto da Coral, no propio Auditorio. O premio será un brunch para dúas persoas no Araucaria e unha bandexa de produtos locais e de proximidade valorada en 90 euros.
A concelleira de Igualdade subliñou que “Ribadeo Orgullosa 2025 reafirma o compromiso institucional co respecto, a igualdade e a visibilización da diversidade, sumando cultura, educación e participación cidadá nunha celebración para todas as persoas”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



