Tamén recordou que Cándido Rial, agora ao fronte do departamento de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, como Ángeles Vázquez no de Desenvolvemento Pesqueiro, xa exerceron anteriores responsabilidades na Consellería
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025.- Hoxe tomaron posesión dos seus cargos o novo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, e a nova directora de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez. O primeiro substitúe a Patricia García e a segunda cubre a vacante que deixou Marta Villaverde co seu nomeamento como conselleira do Mar quen foi a encargada de presidir o acto no que dou a benvida a ambos aos cales agradeceu a súa incorporación ao departamento autonómico para traballar nos retos e desafíos actuais dun sector complexo e estratéxico para Galicia.
Villaverde puxo en valor a bagaxe profesional e bo talante de Rial e Vázquez como mellor carta de presentación dos novos responsables autonómicos. Ademais, resaltou a súa capacidade de traballo e compromiso como as mellores garantías para afrontar con éxito a resposta ás necesidades e demandas co conxunto da cadea mar-industria galega. Tamén tivo unhas verbas de recoñecemento á directora xeral saínte, Patricia García, a quen agradeceu a xestión levada a cabo neste tempo e a quen trasladou os seus mellores desexos na súa nova etapa laboral.
O novo director de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e conta cun ampla formación en xestión internacional da empresa e dereito da Unión Europea. Desde o 2022 é funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia, grupo A1, ocupando distintos postos ata chegar en xuño do 2024 a subdirección xeral de Valorización dos Produtos do Mar.
Pola súa banda, a nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez, é licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1998, e desde o ano 2005 é funcionaria de carreira do corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1. Desde entón ocupou distintos postos na Administración autonómica entre os cales destaca a subdirección xeral de Acuicultura entre o 2017 ao 2021.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



