O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas concedeu 478.000 euros nos últimos anos para habilitar 11 vivendas froito da recuperación de inmobles en varias parroquias
A Pastoriza, 15 de xullo de 2025. A Xunta concedeu 478.000 euros ao Concello da Pastoriza para rehabilitar 11 vivendas de titularidade municipal destinadas a alugueiro social a través das últimas convocatorias de axudas da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para ese fin.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, acompañado do alcalde da Pastoriza, Darío Cabaneiro, estivo hoxe no municipio para coñecer os novos proxectos que se acometerán, entre os que figura a mellora da antiga escola que visitou no lugar de Grandela, na parroquia de Reigosa, que conta cunha achega autonómica de 17.200 euros para renovar a cuberta.
Así mesmo, este ano a Xunta destinará 199.000 euros para sumar catro novas vivendas neste concello, resultado da rehabilitación das antigas escolas unitarias das parroquias de Úbeda e Corvelle – dúas na primeira e unha na segunda – e outra en Saldanxe.
Este apoio súmase aos outorgados con cargo aos programas de 2020 e 2022. No primeiro incorporáronse cinco vivendas para alugueiro tras a reforma das antigas escolas de Bretoña, Crecente e Álvare, cunha achega da Xunta de 184.000 euros. En 2022, concedéronse 77.600 euros para rehabilitar dúas vivendas no lugar de Grandela.
Arias apuntou que xa está esgotado o crédito da última convocatoria desta liña de axudas, dotada cun orzamento de 1.850.000 euros. Salientou que nas comarcas da Terra Chá e Meira tamén resultou beneficiario o municipio de Pol, que contará con 45.500 euros para acometer un proxecto en Fraialde.
O delegado destacou que esta medida axuda a ampliar o parque de vivenda pública en Galicia e a asentar poboación nos concellos de menos de 30.000 habitantes, ademais de apostar pola recuperación do patrimonio construído.




















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



