O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social e a directora xeral de Formación Profesional, participaron en Rábade no acto conmemorativo do Día do Cooperativismo Galego
Rábade, 5 de xullo de 2025. O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participaron hoxe en Rábade no acto en conmemoración do Día do Cooperativismo Galego, no que se recoñeceron as iniciativas premiadas nos Premios á Cooperación 2025 e na modalidade do concurso para proxectos empresariais cooperativos do Certame Cooperativismo no Ensino, que premia a centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial. Nel tamén participou a alcaldesa do municipio, Remedios González.
Esta edición do evento, celebrado nas instalacións da cooperativa Rabadense de Transportes e impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en colaboración co Consello Galego de Cooperativas (Cogaco), coincide coa conmemoración do Ano Internacional das Cooperativas e vai na liña do lema internacional As cooperativas promoven solucións inclusivas e sostibles para un mundo mellor.
Durante a xornada, Pablo Fernández e Marta Mariño felicitaron aos premiados e, na clausura, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais salientou que o Goberno galego seguirá impulsando o cooperativismo como un piar clave da economía galega dentro da súa aposta pola economía social.
Neste ano, para este ámbito, a Xunta ten orzados case 45 millóns de euros e impulsou a Estratexia galega da economía social: horizonte 2027. Ademais, avanzará na nova Lei de cooperativas de Galicia, lexislando e adaptando a normativa á realidade actual e ao futuro da nosa Comunidade, co obxecto de axilizar a creación de novas entidades e de consolidar as xa existentes.
Entrega de premios
Os Premios á Cooperación 2025, impulsados polo Goberno autonómico para recoñecer a excelencia e o compromiso dos proxectos cooperativos galegos foron para Rexenerando, co galardón aos valores cooperativos; Illa Bufarda, co recoñecemento ao mellor proxecto cooperativo novo; e a cooperativa Lemos, co premio á traxectoria cooperativa.
En canto aos premios de Cooperativismo no Ensino na modalidade de mellor proxecto empresarial cooperativo, este ano recoñécese co accésit ao proxecto Maruxía, da Sociedade Cooperativa Galega Mendiño (Vigo), e co primeiro premio a Milgranda, Sociedade Cooperativa Galega, do IES Rosalía Mera (A Coruña).


















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



