O acto terá lugar o xoves 14 de agosto, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal
Viveiro, 29 de xullo de 2025. O atleta viveirense Adrián Ben será o encargado de dar o pistoletazo de saída ás Festas de San Roque de Viveiro 2025. Fillo predilecto do Concello desde o ano 2022 e embaixador da vila por todo o mundo, Adrián asumirá este ano a honra de pronunciar o pregón co que se abrirán oficialmente unhas festas que encherán, unha vez máis, as rúas de bo ambiente, tradición e música.
A elección de Adrián Ben como pregoeiro supón un recoñecemento á súa brillante traxectoria deportiva, pero sobre todo ao seu gran papel como embaixador viveirense por todo o mundo.
O acto do pregón, que terá lugar na Biblioteca Pública Municipal o xoves 14 de agosto, ás 19:30 horas, será o primeiro gran momento dunhas festas que contarán cun cartel musical de luxo, encabezado por De Ninghures, Azúcar Moreno e Dasoul, ademais doutras actividades para todos os públicos que se anunciarán proximamente.
Desde a Comisión apuntan que Adrián “trátase dunha figura querida, admirada e representativa dos valores que definen aos viveirenses: o esforzo, a humildade e o orgullo de pertencer a esta vila. É un exemplo para todos os pequenos e pequenas que non só se inician no atletismo, senón en todos os deportes”.
Adrián Ben, un atleta internacional de Viveiro
Adrián Ben é un dos grandes referentes do atletismo español na modalidade de medio fondo. Especialista nos 800 metros lisos, proclamouse campión de Europa en pista cuberta en 2023 e foi finalista en dous Mundiais e uns Xogos Olímpicos. A súa constancia, talento e carácter competitivo convertérono nun habitual das grandes citas internacionais, sempre levando con el o nome de Viveiro.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



