Viveiro, 8 de Xullo, 2025. Contra a medianoite, un particular chamou ao 112 Galicia e alertou de que un home caera ao mar na zona de descarga da lonxa de Viveiro e era incapaz de saír. As persoas que estaban no lugar lanzáranlle un salvavidas, pero permanecía na auga agarrado aos cabos dun barco.
De inmediato, desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se solicitou a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Policía Nacional, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro.
Pouco despois, os medios confirmaron que o home atopábase fóra da auga tras ser axudado polos seus compañeiros. Nun primeiro momento permanecía inconsciente, mais poucos minutos despois sinalouse que volveu en si. Con todo, presentaba síntomas de hipotermia e foi atendido polo persoal sanitario.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



