Un factor moi importante da actual conxuntura política galega é a tendencia da cidadanía menor de 45 anos ao voto ao BNG e á simpatía cara o liderado a Ana Pontón, mentres que no abano entre 45 e 55 esta corrente tamén é moi significativa. Éste é un factor fulcral para entendermos a actual conxuntura, fronte á tendencia das novas xeracións do conxunto do Estado (agás Canarias e os países e territorios con lingua propia) na que agroma nidiamente o apoio a Vox e, algo menos, ao PP.
Semella que esta conxuntura galega ten a súa orixe das resultas dun proceso de acumulación no que se deron varios factores: achegamento da mensaxe electoral do soberanismo ás precupacións da cidadanía (vivenda, sanidade, emprego de calidade, servizos sociais, dependencia e terceira idade, igualdade), experiencias positivas de gobernos locais sostidas no tempo, mensaxe integrador a respecto das persoas que, sen ser soberanistas nin nacionalistas, teñen Galicia como referente da súa visión do mundo. Malia todo, o BNG vai precisar de continuar este seu proceso integrador para seguir a alargar a súa base social, dende unha perspectiva plural da Galicia como país dende un relato transversal da súa sociedade. Trátase de representar e mover á mellor e máis moderna Galicia, de se situar (como adoita dicir Anxo Quintana) no centro do electorado que poida facer posíbel a alternativa e de proxectar unha imaxe que chame á confianza cidadá.
Un alicerce esencial desta fiabilidade é unha xestión de goberno honrada e eficiente. A honestidade semella, a data de hoxe un valor seguro no BNG, alleo a toda caste de corrupción nos seus gobernos locais e na propia experiencia do goberno de coalición (2005-2009). Mais complexo é manter un alto grao de eficiencia en todos os gobernos locais, suxeitos a toda caste de restricións legais e orzamentarias que teñen a súa orixe na lei de gobernos locais que que quitou a maioría absoluta do PP no 2013. Porén, os gobernos locais nacionalistas teñen xa experiencia abonda para atender a unha xestión eficiente, coñecendo como coñecen que o seu electorado é o primeiro en sufrir as resultas dunha xestión deficiente.
Honradez e eficiencia son precisas mais non abondas. A xestión de goberno ha ser transformadora motor dun cambio social e político. E para garantir este carácter transformador os gobernos han estar moi achegados á realidade e ás distintas sensibilidades dunha sociedade plural. Velaí a necesidade de que o soberanismo democrático xestione dende o diálogo e alicerzado na participación cidadá, se quere ter bo suceso nos seus obxectivos de transformación.
Unha parte substancial do relato de país do soberanismo galego ha ser o grao de combinación entre un desenvolvemento económico autocentrado e susceptíbel de xerar máis benestar e calidade de vida e a súa sustentabilidade. E isto esixe unha clara asunción do principio de precaución ambiental, mais tamén dun ambientalismo compatíbel coas actividades agrogandeiras, pesqueiras e marisqueiras sostíbeis, enfrontando graves erros de certo ambientalismo globalista de nomeada presenza en Madrid e Bruxelas. Por outra banda, o galeguismo soberanista ha continuar ter claro que a transición enerxética non pode xustificar o sacrificio do noso territorio e que producirmos electricidade, con graves efectos ambientais, danos dereito a beneficiarmos economicamente desa produción.
E a perspectiva de goberno, canda a afirmación dos intereses do país, da nosa sociedade e do noso territorio, ha pensar nas persoas. É dicir, na garantía e ampliación dos dereitos das persoas e dos servizos públicos.
Non fica espazo para falarmos aquí do rol central da nosa lingua e cultura e da presenza galega no Estado e na Europa. Sen dúbida neste mesmo verán teremos ocasión abonda.

















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



