Ribadeo, 4 de xullo de 2025. Carlos Núñez, o Mago Antón ou Pepo Suevos son algunhas das actuacións das que gozará Ribadeo no terceiro trimestre deste 2025. A axenda cultural inclúe ademais exposicións e actividades para o público infantil.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “esta terceira axenda cultural do 2025 comeza coas vésperas do Ribadeo Indiano: o venres presentación do libro El Rey de los Jíbaros, o sábado concerto da Filarmónica de Lugo no auditorio e o domingo virán os Bolechas para estar cos máis pequenos e presentar o seu libro Ribadeo Indiano. Pero ademais teremos o XIII Curso de Jazz e Música Moderna, que rematará cun concerto na praza de Pancho Maseda o domingo ás 19:30 horas. Este mesmo día As Vacas Fracas terán no Cantón, desde as 11:30, o seu Mercado Xeitosiño, e convídannos a rematar no auditorio con teatro: La recepción”.
A edil ribadense contou que “o Ribadeo Indiano ocupará a segunda finde de xullo e na seguinte semana teremos as Xornadas de Historia Local, organizadas pola asociación Francisco Lanza, o 19 o Festival de Bandas, o 20 o Mago Antón no Campo e o 22 escoitaremos a Carlos Núñez no auditorio coa súa xira Os lugares máxicos. O 24 circo na rúa Vicki e a felicidade e o 25 o concerto da Patria Galega pola BMMR. Do 25 o 27 unha nova edición do Vendaval Fest, organizado pola asociación Os Catro Caños, e rematamos o mes, como comezabamos coa presentación dun libro, neste caso de Fernando Jáuregui”.
As exposición tamén estarán moi presentes na axenda cultural de Ribadeo: “neste mes de xullo temos tres exposicións: Fotocolaxe, de Miguel Hernández Acevedo, Pilar de Florencia e Nós tamén fomos emigrantes, de Afundación, que continúa en agosto. Tamén teremos en agosto una exposición de Nenó de Sela, outra de Ramón López e outra de Luis Miguel Gallego”.
Begoña Sanjurjo relatou que “comezamos o mes de agosto celebrando o 70 aniversario da Coral Polifónica cun concerto colaborativo na igrexa parroquial o día 1. A primeira fin de semana dúas festas: a do percebe en Rinlo e a Xira de Santa Cruz. O día 6 presentación do libro Manuel Díaz Aledo na biblioteca municipal. Todos os mércores de agosto, no auditorio de Cabanela: Rock by Me, unha serie de concertos que xa se están a facer tradicionais no verán ribadense. O 7 e 8 de agosto poderemos participar no Festival de Cine Curto, que organiza a asociación Areas Movedizas, primeiro nas salas do Cine de Ribadeo e o segundo día a Gala no Teatro. O segundo fin de semana será musical cun concerto Disney de A la luz de las velas e o domingo acabaremos con Maricarme en concerto no auditorio”.
Agosto tamén ven cargado de actividades: “o 14 e o 22 teremos actuacións no Campo para público familiar con Charlatán Rodríguez e Glamping Suma. O festival Bal y Gay achéganos este 15 de agosto dúas oportunidades para gozar coa Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias acompañada polo Cuarteto Quiroga, non podemos faltar. O 16 dúas festas: unha na vila, San Roque, copatrono de Ribadeo e unha oportunidade para bailar cos Cocos e Cabezudos. En en Remourelle a Festa da Carne ó Caldeiro. E o 23 outras dúas festas: A Festa da Ría no Porto e o Guateque no Campo. Rematamos o mes con outras tres festas, o día 30: A Malla nas Anzas, a Cedofestiña e o Xara fest, todos teremos posibilidade de atopar a nosa”.
A concelleira de Cultura engadiu: “setembro comezará coas Festas da Patroa, pregoadas o 29 de xullo. O día 4 a Coral fará un concerto para recoller fondos para a AECC. A historia do astaleiro de Gondán será o protagonista da exposición máis familiar, na Oficina de Turismo a primeira quincena do mes. O fin de semana do 20 poderemos afondar na nosa cultura e historia nas Xornadas Mar por Medio. E o broche a este terceiro trimestre poñerao Pepo Suevos o día 27 ás 20:30 horas no auditorio coa súa Xira do cuarto de século”.
























Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.



