Cervo, 17 de xullo de 2025. O Concello de Cervo será o escenario da Iniciativa Xove “Techno Con-Ciencia”, unha proposta pioneira de expresión xuvenil e creatividade electrónica impulsada polo grupo Fonte da Tella (da man de Inoa Pardo, Simón Villarquide, Paula Rodríguez Ares, Borja Lorenzo, Xoel Carreiras Paula Rodríguez Franco , Noé Fernández e Roberto Balseiro) en colaboración co Concello de Cervo, que se desenvolverá os días 22 e 23 de xullo en Sargadelos. O proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove.
A iniciativa nace co obxectivo de poñer en valor a música electrónica como ferramenta de aprendizaxe, cohesión social e innovación cultural, promovendo a participación activa da mocidade na vida cultural do territorio.
A programación inclúe dúas xornadas cheas de actividades:
Martes 22 de xullo
Durante a primeira xornada desenvolverase un obradoiro de elaboración de pasta artesanal a cargo de A Morena, unha visita guiada ao obradoiro do ferreiro Telmo Cao e a inauguración da exposición fotográfica de María Simón, enmarcada no proxecto paralelo Iniciativa Xove “Fotografía Musical7”. As actividades estarán amenizadas polo colectivo Conxuro Móbil e concluirán cunha degustación de produtos elaborados por A Morena.
Mércores 23 de xullo
A segunda xornada terá un marcado carácter gastronómico e musical. Está prevista unha degustación de marmeladas A Morena e unha ruta de tapas no espazo A Sacabeira. Ademais, celebraranse varias charlas e mesas de diálogo arredor da música electrónica, con intervencións de artistas como Pablo Conxuro, Lucasito, Somiux e Irene Castro. A programación completarase con sesións DJ a cargo de Conxuro Móbil e Kike Varela, e con demostracións en vivo na madrugada por parte de Somiux, Irene Castro e Lucasito.
Os horarios detallados de todas as actividades publicaranse o luns 21 de xullo a través das canles oficiais do Concello e das redes sociais do proxecto.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou “a capacidade de organización, o talento e a ilusión da mocidade participante, que traballa para facer realidade un proxecto que une cultura, identidade e innovación”. Subliñou ademais que iniciativas coma esta “non só enriquecen o noso tecido cultural, senón que tamén promoven valores como a igualdade e a participación activa da mocidade”.
Desde o Concello de Cervo anímase a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta proposta, que servirá como antesala das Festas de Sargadelos, promovendo un espazo de encontro interxeracional, diverso e creativo.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



