Ribadeo, 7 de xullo de 2025. O Teatro acollerá o vindeiro sábado, 12 de xullo, a presentación do libro Ramón González e Corona González Santos, un matrimonio de filántropos, do que é autora a historiadora Celia Castro.
O acto dará comezo ás 11:30 horas e será presentado polo xornalista ribadense Juan Soto, un dos prologuistas da publicación.
O libro, editado por Eoditorial, fai un repaso pola vida deste matrimonio, pola súa labor de mecenado e pola repercusión que tivo tanto na sociedade ribadense coma na do Porriño.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a asistir á presentación deste sábado, 12 de xullo: “para coñecer máis polo miúdo o que fixeron indianos e filántropos como Ramón González e a súa dona por Ribadeo. A súa pegada está presente na Praza de Abastos, no Teatro e na Terceira Orde, por poñer so uns exemplos”.
A presentación do libro de Celia Castro enmárcase na programación do X Ribadeo Indiano.






















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



