Os asistentes puideron escoitar nas últimas horas a Payton Pritchard, xogador dos Boston Celtics da NBA, que participou no campus a través dunha vídeo conferencia. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, comentou que “para nós é un orgullo que os rapaces que asisten a este campus teñan a posibilidade de escoitar a unha estrela da NBA. Non todos os días se contacta desde un campus dun concello como Ribadeo cun xogador deste calibre”. E engadiu: “sabemos que están gozando ao máximo desta experiencia”. O campus Sublime deu comezo o pasado domingo e rematará o 25 de xullo. Á cita asisten trinta rapaces.
