Un home faleceu este domingo tras ser rescatado inconsciente da auga na praia de Llas, no concello de Foz. O aviso chegou ao 112 Galicia ás 17:15 horas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaban de que acababan de sacalo da auga. Nese momento, estaban practicándolle manobras de reanimación, pero, malia os esforzos, só puideron confirmar o seu falecemento. No operativo interviñeron os servizos sanitarios e axentes da Garda Civil. Tamén se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.
