Será este venres de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no Peirao de San Cibrao con inscrición no mesmo sitio.

A alcaldesa Dolores García Caramés estivo este xoves compartindo un fermoso momento coas persoas usuarias do Centro de Día Residencia, con motivo da celebración do Día dos Avós. Unha xornada chea de agarimo, recoñecemeento e gratitude cara aos nosos maiores, piares fundamentais da nosa sociedade.
Estivo organizada polo Kayak de Foz co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Máis de 150 palistas participaron na competicion que reuniu unha vintena de clubs de toda Galiza.
As crianzas da escola infantil municipal de Cervo acompañadas das súas familias e do persoal do centro, gozaron dunha xornada inesquecible en contacto coa natureza. Montaron a cabalo, plantaron, fixeron pan, visitaron aos animais da granxa (galiñas, coellos, cabras…) e mesmo os alimentaron. Para rematar, compartiron un delicioso picnic todos/as xuntos/as. Un día cheo de aprendizaxes, convivencia e moita alegría, onde crianzas e familias compartiron experiencias e reforzaron os lazos da nosa comunidade educativa.
En total foron servidas 850 racións de comida (mexillóns e lacón cocido, acompañados de pan, viño e auga). O evento, organizado polo Celta Barreiros, contou con animación musical desde as sete da tarde e ata o fin de festa. O club agradece a colaboración dos Concellos de Foz e de Barreiros “que nos prestaron mesas, cadeiras e un grupo electróxeno” e da as grazas “a todas as veciñas e veciños de Barreiros, que nos acompañaron o sábado así como aos veraneantes, que decidiron pasar un rato moi agradable entre nós e así apoiar ao Celta Barreiros”.
Será este venres de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no Peirao de San Cibrao con inscrición no mesmo sitio.
A Asociación de Festejos Rodraguel de Sumoas invita a veciños e visitantes a acercarse esta fin de semana a gozar das festas patronais da sua parroquia, na honra a San Antón, empezando xa o venres, 1 de agosto, cunha gran churrascada. Este luns tivo lugar a presentación do cartaz onde estivo presente Leandro Quelle e José Manuel Franco como membros da comisión organizadora, acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de cultura, Mª Dolores Meitín.
Será o xoves, 7 de agosto Para crianzas de 6 a 13 anos. Inscricións e información: 629 08 35 48. Organiza a Federación Española de Actividades Subacuáticas, coa colaboración do Concello.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital