Foz, 7 de xullo de 2025. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise aglomerar nesta semana.
O rexedor municipal resposta así as manifestacións sobre esta obra realizadas polo voceiro local do PP. Cajoto di que “o señor Castiñeira volve as andadas e segue coa absoluta demagoxia. Estamos construíndo un novo vial nas Torres, hai pouquiños meses rematamos as terras e a urbanización e está pendente o aglomerado, que se vai executar nesta mesma semana, como é vox populi, como é de xeral coñecemento, porque a empresa Isidro Otero, que está a rematar traballos en Marzán, rúa Prado da Lama, acondicionamento tras o rebentón da tubaxe na intersección entre rúa Sarria e Illa Nova, vai proceder ao aglomerado conxunto destes viais, neste caso como subcontrata, tamén nas Torres”.
O alcalde engade que “é curioso que o Partido Popular cando sabe que se vai executar algo, o solicite; é curioso que siga con esta demagoxia absoluta respecto á unhas obras de mellora do pobo que se fixeron con gran axilidade. Aí está para ver a rúa Corporacións e o que se pretende é seguir mellorando a nosa vila e continuar apostando pola transformación do que é unha vila nunha pequena cidade, para que desde logo a seguridade viaria e a comodidade sexa tamén unha das nosas señas de identidade”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



