A Mariña, 29 de xullo, 2025. O ‘XII Festival Bal y Gay’, referente en España en música clásica con excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña, presentarase o mércores día 30 de xullo ás 11:00 horas no Centro de Interpretación dá Mariña (CENIMA) de Foz. O acto permitirá coñecer os últimos detalles desta duodécima edición, que terá lugar do 12 ao 21 de agosto.
No acto intervirán Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Carmela López, Deputada da área de Economía, Facenda e Especial de Contas da Deputación de Lugo; Pablo Junceda, Director Xeral do Banco Sabadell Gallego; Francisco Cajoto, Alcalde do Concello de Foz; Enrique Rodríguez Baixeras, Presidente da Fundación Xesús Bal y Gay; e Alba Rodríguez, Directora do Festival Bal y Gay.
O ‘XII Festival Bal y Gay’ presentará este ano 11 concertos. Cuarteto Casals, Cuarteto Quiroga, Denis Kozhukhin, Sara Blanch, Núria Rial, Leticia Moreno, Marco Mezquida, Borja Quiza ou o grupo especializado Los Elementos baixo a dirección de Alberto Miguélez Rouco brilan nunha programación repleta de grandes grupos e solistas españois de recoñecido prestixio internacional con cabida tamén para agrupacións sinfónicas (Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias) ou corais (Coro da Comunidad de Madrid) destacadas a nivel nacional.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



