Marta Barreiro detallou amplamente o que son os novos retos desta iniciativa, dotada con 114M€ e impulsada polo Goberno galego para preservar e recuperar os ecosistemas mariños, garantindo a sostibilidade da actividade pesqueira
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025. A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, deu conta este martes no Parlamento de Galicia do desenvolvemento da Estratexia da Economía Azul de Galicia, dotada con 114 millóns de euros, e destinada á conservación, protección e recuperación da biodiversidade do literal, co fin de garantir a sustentabilidade das actividades marítimas, asegurando a soberanía alimentaria e o relevo xeracional.
Marta Barreiro, que compareceu na Comisión Oitava a petición propia, destacou a posta en marcha de fitos clave no marco desta iniciativa. É o caso da Oficina Técnica, que xa funciona no Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), e que, a través do Consello Reitor, é o órgano encargado da coordinación da gobernanza da Estratexia. Intégrano diferentes Consellerías da Xunta de Galicia, a través de máis de 20 entidades, ademais dos 11 sectores da economía azul: pesca e marisqueo, acuicultura, construción naval, transformación dos produtos do mar, portos e loxística, patrimonio cultura, enerxías renovables, biotecnoloxía, tecnoloxías mariñas e I+D+I.
A esta importante acción, engádese a próxima constitución da Rede Galega de Economía Azul, un clúster transversal que reunirá a empresas, centros tecnolóxicos e entidades locais. Tamén a Rede de Centros de Formación en Economía Azul, un proxecto pioneiro en colaboración coas universidades galegas e cos institutos marítimo-pesqueiros, e o desenvolvemento do xemelgo dixital mariño de Galicia, unha ferramenta de referencia europea para a planificación intelixente dos espazos mariños. Ademais, destacou a organización do I Foro Internacional da Economía Azul de Galicia, que se celebrará o vindeiro mes de novembro, en Baiona; ou o Plan Estratéxico de Observación Mariña Galicia, destinado a mellorar a observación e seguimento dos datos oceanográficos, de temperatura, salinidade para xestionar os recursos mariños.
Unha folla de ruta que aumenta a ambición dos obxectivos comprometidos coa Unión Europea, especialmente no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que permitiu a posta en marcha da rede de oficinas Es.MAR para o desenvolvemento sostible e a competitividade do sector. Neste marco, resaltou tamén o Plan de Cultura Marítima de Galicia (Pcuma), documento pioneiro, no que os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) tiveron unha participación activa. Tal é así que, no período 2023-2024, aprobáronse 84 proxectos por valor de preto de 4,5 millóns de euros vinculados ao Pcuma.
Neste marco colaborativo, citou tamén a creación dun Centro Galego da Cociña Atlántica e a aposta pola investigación e a innovación como mecanismo para unha mellor ordenación das políticas do mar, ademais do labor que desenvolven os distintos centros de investigación dependentes da Consellería do Mar. Un traballo que estendeu ao sector e que fixo posible que se siga desenvolvendo o Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo 2024-2025, dotado con 123 millóns de euros.
A Estratexia, ao detalle
A secretaria xeral técnica explicou que esta estratexia xorde da experiencia e do diálogo, ao ser construída con máis de 200 axentes do sector produtivo galego, pertencentes ao tecido empresarial, á ciencia, á sociedade civil e ás administracións. O resultado é un plan de acción concreto, con 40 medidas distribuídas en seis grandes eixos e un orzamento xa comprometido de 114 millóns de euros ata 2027. Así, destínanse a cooperación intersectorial 38 millóns de euros, a innovación e transferencia de coñecemento 11,5 millóns, a competitividade empresarial 28,6 millóns, patrimonio mariño e identidade costeira 20,5 millóns, talento, formación e emprego 8 millóns e información, comunicación e gobernanza dixital 7,9 millóns de euros.
Na súa execución óptase por un sistema de gobernanza e xestión, formado por un Consello Reitor como órgano de goberno que revise e determine as prioridades, execución e avaliación; un Comité Consultivo, que asesore ao devandito Consello; e un Consello Xestor, como ente operativo, sendo o responsable do desenvolvemento da estratexia, coordinación do plan de traballo e monitorización da estratexia para prover ao Consello Reitor de información e propostas para a avaliación.
Esta iniciativa permitirá a Galicia ser referente internacional do crecemento azul sustentable, creando emprego de calidade, asentado nos sectores tradicionais, pero tamén Impulsa un modelo baseado nos valores do futuro, apostando pola biotecnoloxía azul e a transición ecolóxica, sen esquecer a protección da biodiversidade e o uso sostible dos recursos mariños. Finalmente, pon no centro ás comunidades costeiras, a igualdade, a inclusión social e a cultura, garantindo que o seu desenvolvemento sexa socialmente xusto.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



