Os socialistas levan unha moción ao vindeiro pleno municipal centrada en reforzar a limpeza de parcelas e faixas de protección contra incendios
O Vicedo, 14 de xullo de 2025. O PSdeG-PSOE do Vicedo presentará no vindeiro pleno municipal unha moción centrada na prevención de incendios forestais, coa que propón actuar sobre as fincas sen limpar próximas ás vivendas e aos núcleos de poboación. Os socialistas solicitan que o Concello notifique ás persoas propietarias as súas obrigas legais, estableza prazos claros e active a xestión subsidiaria, se fose necesario, a través do convenio vixente con SEAGA.
A veciñanza do Vicedo ten trasladado ao grupo socialista a súa preocupación polo estado de moitas parcelas lindeiras con vivendas e de faixas sen limpar, nas que se acumula vexetación e maleza, incrementando o risco de incendio. “O abandono de parcelas próximas ás vivendas está xerando unha gran preocupación entre a veciñanza, especialmente durante os meses de verán”, advirten desde o PSdeG, que insiste na necesidade de “actuar con antelación para evitar riscos maiores e garantir a seguridade das persoas e das súas propiedades”.
A moción lembra que a lexislación galega obriga a manter limpas as parcelas situadas a menos de 50 metros de vivendas, instalacións ou núcleos de poboación antes do 31 de maio de cada ano. “É unha obriga legal que non se pode ignorar, e o Concello debe ser o primeiro en garantir que se cumpre”, sinalan os socialistas.
A proposta inclúe que o Concello remita notificacións formais ás persoas propietarias, informando das súas obrigas e das posibles sancións. “Non abonda con mirar para outro lado. Se non hai limpeza, ten que haber consecuencias”, engaden.
O PSdeG reclama que, unha vez rematado o prazo sen terse realizado a limpeza, o Concello active os mecanismos previstos no convenio con SEAGA, ao que está adherido desde o ano 2019, subsanando a situación e repercutindo os custos ás persoas responsables.
A moción tamén propón poñer en marcha campañas anuais de información e concienciación para fomentar o cumprimento das obrigas legais e sensibilizar sobre a importancia de manter limpas as parcelas.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



