Viveiro, 17 de xullo, 2025. Hoxe tivo lugar as recepcións de dúas obras de gran relevancia para o Concello de Viveiro: a remodelación intregral da Rúa do Porto en Celeiro e a melloras das Beirarrúas de Magazos. Ambas actuacións foron proxectadas, tramitadas, licitadas e financiadas polo anterior equipo de goberno socialista encabezado por María Loureiro, “e supoñen un avance significativo da mellora da mobilidade, da accesibilidade e da calidade de vida da veciñanza”.
“A intervención da Rúa do Porto de Celeiro, é sen dúbida unha das obras máis importantes e ambiciosas realizadas no últimos anos no noso municipio. Cun investimento de 680.000 euros financiada pola Deputación de Lugo nun 80%, concretamente máis de 550.000 eur. Esta actuación supuxo unha transformación completa da fachada marítima de Celeiro, tanto a nivel funcional como estético”.
“Non se trata só unha obra de embelecemento: acometeuse a renovación intengral das infraestructuras subterráneas, como o saneamento, o abastecemento e a recollida de augas pluviais, que durante anos provocaron roturas constantes, filtración e problemas que afectaban tanto a vivendas como a negocios de hostelería”.
“Este proxecto xestionado polo goberno socialista foi deseñado para dar resposta ás necesidades reais do pobo de Celeiro corrixiendo deficiencias estructurais e apostando pola recuperación urbana e patrimonial do que é a fachada marítima de Celeiro. A súa execución tamén tivo en conta criterios de integración paisaxística, mellora da accesibilidade e renovación do inmobiliario urbano, favorecendo a dinamización social e económica da zona”.
Pola súa parte a actuación das Beirarrúas de Magazos, financianda tamén pola Deputación de Lugo a través do Plan Deputación por un investimento de 110.000€, “permitiu renovar e ampliar o recorrido peonil dun tramo moi transitado, mellorando a seguridade viaria nunha zona onde no exixtía separación clara entre o tráfico rodado e o paso de peóns. Con esta actuación o anterior goberno socialista buscaba mellorar a mobilidade das persoas maiores, escolares e veciños en xeral”.
“Resulta especialmente significativo que o actual goberno municipal, que cando estaba na oposición, xunto co grupo de por Viveiro, se dedicou a criticar, bloquear, e desprestixiar o traballo do anterior executivo presidido por María Loureiro, sexa agora quen de recepcionar esas obras sen recoñecer o traballo previo de quen as fixo posibles”.
“Proxectos coma estes non aparecen da noite para a mañá: son resultados dun traballo serio, planificado, con finanzamento asegurado, e cunha clara vocación de servizo público”.
Desde o PSOE de Viveiro “queremos lembrar que estas actuacións son exemplo do noso modelo de goberno. Seguiremos traballando para defender o legado e para que non se esqueza quen fixo posîbles que estas obras, hoxe, sexan unha realîdade”.






















O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



