Burela, 26 de xullo, 2025. O XI Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial Jose Luis Yebra chega ás dúas últimas xornadas coa desputa das finais de dobres absoluto, e individuais sub15, sub17 e absolutos.
Onte celebráronse as finais sub-10, con Thiago Da Silva vencedor e Dano Expósito subcampión. Na final de consolación da mesma categoría, Valeria Mon derrotou a
Mauro Fraga ambos en dous emocionantes encontros.
O programa do sábado é o seguinte:
Na categoría sub-15, Marcos Mogo xogará a final frente a Leo Rodríguez
o sábado al 11:00.
Na categoría de dobres absolutos: Marful-Rubén xogarán a final frente
a Jose María-Veiga as 18:00.
Na categoría de individual absoluto disputarase a final de consolación
entre Javier Rodriguez (Ferrería) e Daniel Fernández as 19:00.
E para o domingo:
Ás 17:00 disputarase a final sub-17 entre Daniel Fernández e Laura Kanacri.
Ás 18:30 h. o prato forte da xornada e do Torneo coa final individual absoluta entre Rubén Blanco e Fernando Kanacri, repetindo a final de 2024 na que Fernando logrou o título.
O domingo arredor das 20.00 h.farase a entrega de trofeos e clausura do Torneo.