Ribadeo, 7 de xullo de 2025. A décimo terceira edición do Curso de Jazz e Música Moderna en Ribadeo, organizado pola asociación cultural ribadense Bruar, rematou onte, domingo, cun concerto no que participou o alumnado e o profesorado, reunidos en varias agrupacións. Esta actuación, que estaba prevista na praza Pancho Maseda, tivo que trasladarse ao Teatro debido á choiva.
Os profesores do curso foron cinco destacados músicos: o batería Sergio González, o saxofonista Pablo Castaño, o guitarrista Felipe Villar, a pianista Cristina Montull e a vocalista Ángeles Dorrio. E entre o alumnado, ademais de ribadenses, houbo participantes doutras localidades como Foz, Vegadeo, Castropol e A Coruña.
O presidente da asociación Bruar, Rubén Solloso, fixo un balance do curso “moi positivo, cunha matrícula dentro do esperado e moi ben distribuída por seccións, o que nos permitiu que os tres días de traballo foran moi produtivos”. E sobre o concerto de clausura comentou: “creo que tanto participantes como público disfrutaron dun rato moi entretido; segundo algún dos músicos, foi un concerto onde se sentiu enerxía no escenario”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



