Ribadeo, 6 de xullo de 2025. Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no quiosco da música, no Campo de San Francisco. Ducias de nenas e nenos achegáronse a coñecer aos Bolechas, que compartiron fotos, bicos e apertas con eles. Houbo tempo para amosar todo o que saben as pícaras e os pícaros de Ribadeo sobre os indianos máis coñecidos, como Ramón González, a quen está dedicado este ano a décima edición deste evento histórico cultural, que se celebrará do 11 ao 13 de xullo.
Son 1.000 exemplares os editados, que se poñen á venda ao prezo de 10 euros na Oficina de Turismo e na Biblioteca Municipal El VIejo Pancho. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que se repartirán varias partidas polos centros escolares de Ribadeo.
Asistiron ao acto de presentación do libro o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Cultura, Seguridade e Benestar Social, Begoña Sanjurjo, Montse Seijo e Elena Sierra, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
Deste xeito remataron as vésperas e as antevésperas do Ribadeo Indiano 2025.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



