Ribadeo, 31 de xullo de 2025. Todo está listo en Ribadeo para a celebración da Xira de Santa Cruz, Festa de Interese Turístico Galego, que terá lugar o vindeiro domingo, 3 de agosto.
O alcalde, Dani Vega, manifestou: “chegou a Xira de Santa Cruz, unha celebración onde se quere enxalzar a música tradicional, a gaita e a todas as persoas que levan defendendo a música tradicional e que chegara a todos os sitios, e desde logo a Xira, que leva moitos anos celebrándose, grazas a Amigos da Gaita, grazas a ese traballo intenso que constantemente realizan”.
O rexedor cre que “Ribadeo pode presumir de ter unha celebración que homenaxea, evidentemente, á música tradicional e tamén ao gaiteiro de Santa Cruz, a ese gaiteiro que foi feito por Faílde, deseñado por Faílde, ese escultor ourensán. Eu creo que poñer en valor a Xira de Santa Cruz, que dende hai uns anos para acó volveu recuperar o que era a Xira, un encontro de moitas familias, de pasar o rato, de honrar evidentemente á música tradicional e tamén disfrutando todos os rapaces e rapazas. Creo que hai que felicitar a Amigos da Gaita polo que fai na Xira e polo que fai todos os días, por que é un traballo intenso, pero é un traballo constante o que fan, que evidentemente a música tradicional continúe nas nosas vidas”.
E engadiu: “e tamén destacar que Preto de Ti, a Concellería de Benestar Social, vanse de Xira todos, xa é o segundo ano, e van pasar un rato moi agradable convivindo con todas esas persoas que antes ían á Xira, ao mellor dende hai uns anos xa non poden ir, e agora grazas á actividade de Preto de Ti volven ir á Xira. Será un domingo que vamos pasar en familia, en amigos, e sobre todo pensando que hai que seguir coidando e velando pola música tradicional”.
Os actos darán comezo o sábado con pasarrúas e co pregón no Quiosco da Música a partir das 20:00 horas e seguirán o domingo tamén con pasarrúas e actuacións no Cantón dos Moreno desde as 11:45 horas, despois subida a Santa Cruz e xantar tradicional e ás 19:00 horas ofrenda floral e concertos no monte.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.



