Ribadeo, 14 de agosto de 2025. O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu a presentación da terceira edición do Xara Fest, que se celebrará o vindeiro 30 de agosto no porto.
Representantes da organización, do Concello, da Deputación e da Xunta participaron no acto no que todos resaltaron a necesidade de investir en cultura e de concienciar e involucrar á xente moza na importancia que o tecido empresarial ten para unha vila como Ribadeo.
C Marí, Lua de Santana, L’Haine e 9Lovro compoñen o cartel da terceira edición do Xara Fest, que muda de ubicación: “esa é a principal novidade deste ano”, resaltou o alcalde, Dani Vega, que agradeceu a colaboración da Deputación de Lugo, da Xunta de Galicia e de Acisa con este evento musical.