Ribadeo, 20 de agosto de 2025. Desde hoxe, 20 de agosto, e ata o 15 de setembro terán lugar as Noites de Skate, que organiza Aloha Escuela de Skate. Terán lugar no Skatepark de Ribadeo de 21 a 23 horas.
A actividade terá un custe de 5 euros/segundo explican desde a organización. As inscricións poden realizarse a través do teléfono 622 56 78 08.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, sinala que “seguen en Ribadeo as actividades para a nosa mocidade, organizadas polo Concello ou por empresas, como é este caso, coa nosa colaboración. O obxectivo é ofrecer diferentes alternativas e propostas para aproveitar ao máximo o verán”.