Mércores 6. Horarios: 11:00h, 12:00h, 13:00h, 16:00h, 17:00h. Xoves 7. Horarios: 13:00h, 16:00h, 17:00h. Apuntan no propio peirao o día da actividade.

Na vila foron recibidos polo alcalde, Dani Vega, e pola concelleira de Turismo, Marta Saiz, no Forte de San Damián, enclave que puideron coñecer de preto coa visita guiada por Alberto Paraje, secretario da asociación cultural de estudos históricos de Galicia. Os asistentes percorreron esta fin de semana diferentes enclaves da Mariña en Ribadeo, Foz ou Lourenzá e saborearon a gastronomía da zona. O Concello de Ribadeo colaborou coa organización deste evento, así como diferentes firmas tanto da vila como doutros puntos da comarca e de Galicia.
Andrea Azkune Arteche e Adriá Puig Martínez lograron os primeiros postos nas probas de obstáculos senior masculina e feminina, que se disputaron pola mañá. O deputado de Mocidade e concelleiro de Participación e Dinamización Veciñal achegouse ao circuíto instalado en San Bartolo, que reuniu combinados autonómicos de 10 comunidades. A actividade deportiva continúa esta tarde coa celebración das probas de laser run e mañá coa Valkiria Race na que se agardan arredor de 400 deportistas.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou nesta cita que acolleu esta fin de semana a Casa Habanera desta parroquia vilalbesa, onde destacou o traballo da Liga Santaballesa para manter viva a pegada de quen marchou a América buscando unha vida mellor
Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 140 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 8 técnicos, 77 axentes, 104 brigadas, 81 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 2 avións. Por outra banda, seguen hospitalizaos os 5 bombeiros afectados nas labores de extinción
Reuníronse expositores de amarinha.gal e asistentes, expoñéndo os conceptos básicos da algoritmia, o seu uso en función do control dos intercambios dixitais e os servicios á sociedade, e da contralgoritmia en función de manter unha independencia da sociedade e o individuo cara ó futuro, e relacionándoo con temas como a contracultura ou a redución do mundo de cada persoa a unha cerrada aldea dixital. Tamén foron presentados algúns instrumentos-programas para evitar a recomendación algorítmica das empresas que controlan as redes sociais. En pouco máis dun mes terá lugar o próximo evento do ciclo ‘Soberanía Dixital’, “Solarpunk: Taller de futuros optimistas”.
A cita que se celebrau no polideportivo do municipio chairego ata este domingo reuniu a reputados profesionais do mundo da tornaría.
Esta mexicana afincada en Noruega foi a afortunada. Pasaba uns días na vila ribadense, na que aproveitou para facer diversas compras e así foi como se fixo coas rifas para participar no sorteo do Ribadeo Indiano. Ela é de Veracruz, pero non coñecía a Riviera Maya, algo que está a facer agora na compaña do seu dono e da súa filla. Tamén está a aproveitar esta estadía para visitar á súa familia de México, á que levaba moito tempo sen ver. Marisol Morales asegura estar disfrutando moito da cultura, da gastronomía e da paisaxe do país.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital