Esta colaboración únese a outras accións para promocionar liñas estratéxicas de turismo este 2025, sumando unha achega autonómica global de máis de 800.000€
Viveiro, 5 de agosto de 2025. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, vén de asinar esta mañá un novo convenio coa alcaldesa do concello de Viveiro, Mariña Gueimunde, para a promoción do turismo neste municipio co obxectivo de seguir apostando polo desenvolvemento económico local impulsando a súa oferta cultural, deportiva e de ocio.
En concreto, o convenio formalizado hoxe está centrado na promoción xeral do turismo e a posta en valor da marca Galicia a través do apoio á divulgación turística e cultural do concello de Viveiro. Para isto, “prevé organizar actuacións que permitan atraer visitantes e xerar turismo cultural”, segundo apuntou Xosé Merelles.
Este acordo súmase a distintas colaboracións asinadas recentemente que se están a executar tamén este 2025. Por unha banda, está o acordo para a promoción do turismo deportivo na localidade. Segundo apuntou o director de Turismo, “quere apoiar a organización de probas e eventos deste tipo, aproveitando a situación privilexiada e os recursos do concello para as actividades acuáticas, de aventura e de montaña”. Ademais, Turismo de Galicia colabora na organización da Semana Santa de Viveiro, distinguida como Festa de Interese Turístico Internacional desde 2013.
O director de Turismo de Galicia enmarcou todas estas actuacións no apoio do Goberno galego á promoción turística deste municipio que suman unha achega autonómica de máis de 800.000€ en distintas accións ao longo de todo o ano.
Case 76.000 turistas no primeiro semestre
Segundo apuntou o director de Turismo, con estas liñas de colaboración “queremos continuar na senda do crecemento turístico”. “No primeiro semestre deste ano, 75.869 viaxeiros visitaron a Mariña Lucense -un 4,5% máis que no mesmo período de 2024- que fixeron un total de 141.607 noites, o que mellora as cifras do pasado ano no 9,4%”, destacou.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



