Foz, 18 de agosto de 2025. Acia Foz-CCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará do 21 ao 23 de agosto.
Durante esas xornadas Fóra Stocks preto de corenta establecementos comerciais sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 37 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Surya, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet e Xoguetería Bahía.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, subliña que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada para o que resta de verán e para a volta o cole a moi bos prezos. Esta é unha campaña tradicional na época estival en Foz, que facemos nos meses de xullo e de agosto, e que ten unha grande acollida entre a clientela e entre os negocios asociados”.
Paleo anima “a aproveitar esta nova edición de Fóra Stocks para pasear polas nosas rúas e para mercar no comercio local, neses negocios que son os que fan pobo”.
A campaña foi presentada este mediodía. No acto participaron o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro. Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.