Foz, 14 de agosto, 2025. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves 14 de agosto ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima de Foz a presentación do libro de Martín Fernández Vizoso, Memoria de Mariñas, que recolle 75 traballos sobre a emigración da comarca ao continente americano. O volume permite reconstruír unha parte substantiva da diáspora mariñá de finais do século XIX e das primeiras décadas do XX, introducindo chaves analíticas para unha análise do fenómeno migratorio
A práctica totalidade dos concellos da comarca da Mariña están presentes na investigación de Fernández Vizoso. Na mesma, aparecen recollidos 13 estudos referidos so municipio de Foz, onde nos achega historias de emigrantes, como de Eleuterio Cao Freire, empregado nas obras do canal de Panama e que á súa morte legou unha fortuna á súa familia focega, ou da familia Lourido, emigrada en Porto Rico e da que fixo parte o poeta do Rexurdimento galego, Francisco Lourido.
O traballo de Fernández Vizoso é máis cunha historia da emigración mariñá. Así, no caso focego ,achega a historia de Francisco Martínez, que en 1745 construíu na localidade o reloxo máis antigo da Mariña, do grupo esperantista, que funcionou nos primeiros anos do século XX ligado a escritores como Antón Vilar Ponte, Antonio Noriega Varela ou Camilo Cela, de persoas como Eliseo Martínez ou do condado de Fontao.
O tráfico de emigrantes
Fernández Vizoso desenvolverá na súa palestra de Foz algunhas das cuestión recollidas no libro, explicando algúns aspectos do mesmo máis vinculados á historia social. Neste sentido, desvelará a historia daquelas fortunas da comarca procedente do tráfico de emigrantes, moitos dos cales chegaron a América de xeito ilegal. Precisamente, ligado a este negocio xurdiron as principais casas de banca da comarca e algúns dos mais importantes patrimonios.
Narciso Obanza foi un dos mariñaos que fixo fortuna co tráfico de inmigrantes, fundando ao seu retorno de Cuba en 1850 a famosa Banca Obanza. Unha caso análogo foi en Viveiro o de Ramón López e de Benigno López, propietario da coñecida popularmente como o Banco de don Benigno ou en Ribadeo da familia Casas, cuxa relación co tráfico irregular de inmigrantes era denunciado a tempo real a mediados do século XIX.
A masonería
A masonería na Mariña será outro dos aspectos analizados por Fernández Vizoso. Neste sentido, achegarase as loxias masónicas que operaron desde finais do século XIX en Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro e Vicedo. As mesmas xogaron un papel importante ocupando os seus membros importantes responsabilidades políticas e padecendo a represión após o golpe de estado franquista de xullo de 1936 .
Martín Fernández Vizoso, xornalista e investigador, é veciño de Cangas e autor dunha amplía bibliografía sobre a historia da comarca da Mariña, á que xa ten dedicada catro volumes e centos de artigos en diversas publicacións. Colaborador en diversos medios de comunicación, mantén unha relación de hai perto de tres décadas coa Pomba do Arco, sendo conferenciante en diversas ocasións nas xornadas de historia.
Martín Fernández Vizoso achegará na súa intervención 13 investigación sobre emigrantes focegos en Arxentina Cuba ou Filipinas. As mesmas permiten reconstruír unha parte descoñecida da diáspora focega.
Martín Fernández Vizoso, xornalista e investigador, é veciño de Cangas e autor dunha amplía bibliografía sobre a historia da comarca da Mariña, á que xa ten dedicada catro volumes e centos de artigos en diversas publicacións.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



