A subdelegada sinalou o compromiso do Goberno na provincia, cunha pensión media de xubilación de 1.169 euros, 376 euros máis que en 2018
Lugo, 6 de agosto de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou hoxe a mellora da calidade de vida na provincia con motivo do análise semestral de rendición de contas do Goberno de España, o informe ‘Cumprindo’. “Lugo ten hoxe mellor emprego, mellores pensións, mellores servizos e máis dereitos”, dixo.
Isabel Rodríguez sinalou o compromiso do Goberno con Lugo e subliñou que a pensión media de xubilación é de 1.169 euros na actualidade, 376 euros máis que en 2018.
Tamén fixo referencia á evolución positiva do emprego na provincia, que acadou no primeiro semestre do ano un total de 127.967 ocupados (no mes de xullo chegou a 129.416), o que supón 5.559 máis que en xuño de 2018, e un incremento do 148% dos contratos indefinidos respecto a 2019, ata 26.517.
Outro avance social importante é a consolidación do bono social eléctrico, que chega xa a 12.564 beneficiarios en Lugo e o ingreso mínimo vital (IMV) suma 17.378 perceptores na provincia desde 2020.
A subdelegada do Goberno en Lugo valorou o apoio firme e sostido do Goberno na provincia e no conxunto de Galicia nestes sete anos, nos que a comunidade recibiu 18.300 millóns de euros máis que nos sete anos anteriores, correspondentes a gobernos do Partido Popular.
























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



