No mes de xullo foron atendidas 38 consultas de medicina de familia por día e profesional e 15 de enfermería
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2025. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde do Vicedo, Jesús Novo, na que lle trasladou a garantía de asistencia sanitaria no centro de saúde da localidade da Mariña.
No encontro, celebrado no edificio administrativo de San Lázaro, tamén participaron o presidente da asociación de veciños Negradas, Andrés Couce Baño; o presidente da asociación veciñal de Riobarba, José María Díaz Trasancos, e a presidenta da asociación Illa Coelleira, Rosa María Calvo Parapar.
O conselleiro referiu o esforzo de planificación que realiza o Servizo Galego de Saúde e a Xerencia da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos para asegurar a mellor asistencia á veciñanza no verán, pese ao déficit de facultativos, principalmente médicos de familia e pediatras. Lembrou que a Xunta vén demandando de forma reiterada ao Goberno de España solucións para paliar a falta de profesionais de determinadas especialidades, xa que é a súa responsabilidade.
En canto aos datos de actividade asistencial do centro de saúde do Vicedo no mes de xullo, realizáronse 792 consultas de medicina de familia, é dicir, 38 ao día por cada profesional; e 603 de enfermería, 15 por profesional cada día.
A día de hoxe está pendente de cubrir unha praza de facultativo especialista de atención primaria que foi ofertada, quedando deserta, e que volverá ser ofertada nunha nova volta para contar con titular permanente. Mentres, o seu cupo é atendido polo outro médico do centro de saúde todos os días.
O centro de saúde conta con 1.213 persoas asignadas, dentro do estándar en atención primaria para seren atendidas por un profesional.
No que resta de agosto, o médico do centro de saúde do Vicedo prestará atención todo o mes salvo catro días puntuais por permisos e libranzas que lle corresponden. Nese caso as urxencias que se puidesen producir serán atendidas no punto de atención continuada de Viveiro ou polo 061.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



