Hoxe en Viveiro o cadro de médicina de familia do centro estaba por debaixo do 50%
A Mariña 21 de agosto de 2025. A Plataforma Sanitaria da Mariña volveu organizar e convocar unha concentración diante do centro de saúde de Viveiro para denunciar “o estado calamitoso no que se atopa, cun total de cinco médic@s de familia, o que supón que solo estaba cuberto o 45% da súa dotación. O total de facultativ@s cos que está dotado este centro é de once, máis en períodos estivais debería ser de doce si se tivera contratad@ o persoal médico para as persoas desplazadas que se eliminou hai uns anos. Se temos en conta esto o persoal médico hoxe estaba en torno ao 40 por cento, cifra absolutamente indecente para atender á poboación que hai en Viveiro nesta tempada e que tranquilamente pode chegar a 40mil persoas, o que significaría un médico para atender a oito mil persoas. Na mesma situación se atopa o persoal de enfermería, sen substituir nas vacacións nin no resto de permisos, sobrecargadas de traballo e con risco de enfermar física, psicolóxica e emocionalmente porque xa non poden máis. Non se ebtende que cinco enfermeiras atendan á totalidade da poboación de Viveiro en verán, xa que nin siquera serían suficientes para a poboación que hai en inverno”.
“Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña rexeitamos a xestión sanitaria que se está a realizar xa que solo se pode entender que se faga tan mal se existe esa intención, co fin de degradar a sanidade pública para despois privatizala” – conclúe a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



