Alfoz, 18 de agosto de 2025. O Concello de Alfoz informa de que, entre os días 18 e 25 de agosto, estará aberto o prazo para inscribirse no programa de Apertura do CEIP e nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2025-2026.
No marco do programa de Apertura do CEIP, ofértanse dúas modalidades:
Madrugadores, para facilitar a entrada temperá ao colexio.
Ocio e Estudo pola tarde, para que o alumnado poida participar en actividades lúdicas e de reforzo escolar fóra do horario lectivo.
En canto ás Escolas Deportivas, poderase participar en fútbol, patinaxe e atletismo, que nesta edición estas dúas amplían o seu horario desde mediados de setembro ata o remate do curso escolar.
Como novidade, incorpórase a modalidade de pádel tanto para nenos e nenas como para a rapazada, co obxectivo de diversificar a oferta deportiva municipal e fomentar a práctica de novas disciplinas en idades temperás.
O Concello de Alfoz reforza así o seu compromiso coa conciliación familiar e laboral, ao tempo que promove a práctica deportiva e os hábitos saudables dende idades temperás, ofrecendo actividades variadas e adaptadas ás necesidades das familias.
Para formalizar as inscricións, as persoas interesadas poderán facelo a través da Sede Electrónica municipal ou de forma presencial nas oficinas de Rexistro do Concello de Alfoz dentro do prazo establecido, quedando aberto ao longo do curso.





















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



