As accións formativas céntranse na atención sociosanitaria e no tratamento de datos e documentos
Burela, 19 de agosto de 2025. O Concello de Burela, a través do seu Centro de Formación Ocupacional, pon en marcha dous novos cursos de formación que comezarán no mes de outubro de 2025, dirixidos a persoas desempregadas dentro do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estes cursos permiten a obtención do certificado de profesionalidade, que acredita as competencias profesionais necesarias para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral.
O primeiro dos cursos está dedicado á atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208), cunha duración de 528 horas. Como requisito de acceso, é necesario ter o título de E.S.O. ou equivalente.
O segundo céntrase nas operacións de gravación e tratamento de datos e documentos (ADGG0508), cunha duración de 518 horas, e non require requisitos académicos de acceso.
Ambos teñen prazas limitadas e a súa data de inicio está prevista para outubro. As accións formativas inclúen prácticas profesionais en empresas, así como bolsas e axudas para o alumnado, co fin de favorecer a inserción laboral e o desenvolvemento profesional.
As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición no Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela, na Avenida Arcadio Pardiñas, 137, Entresollado, no 982580624 ou a través do correo: cfo@burela.org.
Estas accións están financiadas pola Xunta de Galicia, mediante a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



