O artista traballou na mostra “Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras” nos meses previos ao seu falecemento
Lugo, 18 de agosto de 2025. O pasado mércores inaugurouse no Museo Provincial de Lugo a exposición “Ukiyo-e: de paxaros e sacabeiras” de Mauro Leivas, unha mostra na que o artista mindoniense traballou nos meses previos ao seu falecemento, o pasado 23 de xullo.
A exposición, que poderá verse ata o 30 de setembro, amosa o traballo creativo desenvolvido polo artista dende 2018, na que a paisaxe galega se mestura con técnicas propias da pintura oriental. O título da mostra incorpora esta referencia á arte xaponesa co termo “Ukiyo-e” que significa “imaxes do mundo flotante”.
A mostra é un xogo de enganos que nos reta a indagar e descubrir o importante tralo accesorio, cun código próximo e achegado ó espectador. O Lonxano Oriente revélase nas paisaxes da Mariña de Lugo, nas formas do territorio que nos rodea e da fauna que o habita, sempre cheo de paxaros, peixes e sacabeiras”, explicou a comisaria da mostra, Silvia Fiallega, sobre as obras da exposición, escollidas polo propio artista.
A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que “é un pracer ser casa para exposicións de artistas lucenses e máis aínda cando temos o lema de poñer ás persoas no foco. A arte non é inocua, envía mensaxes, algo que Mauro Leivas, un artista comprometido, solidario e sempre a favor das causas xustas, tivo moi presente á hora de crear pero tamén de expoñer a súa obra”
O acto contou coa presenza de Daniel Caxigueiro e de Xosé Artiaga, artistas mindonienses e compañeiros de Mauro Leivas desde a adolescencia, na que compartiron o presentes tamén neste último proxecto artístico de Leivas, que xurdiu ao fío do vínculo artístico e emocional que mantivo coa Rede Museística Provincial.
Leivas participou nos últimos anos en diversas exposicións colectivas no Museo Provincial de Lugo como “Nós+outrxs en Rede” ou “Olladas: A miña familia”. Comprometido e solidario, colaborou tamén en numerosas iniciativas arredor de temáticas sociais como o proxecto 21 S(empre) do Museo do Mar de San Cibrao, en Cervo, no que unha vintena de artistas crearon pezas a partir da súa visión sobre as consecuencias do alzhéimer e das demencias nas persoas enfermas e no seu entorno, o pasado mes de novembro.
Horario verán Museo Provincial de Lugo
De martes a sábado: De 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30
Domingos e festivos: De 10:00 a 15:00
Luns pechado.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



