Rancaño viuse obrigado a recuar pola presión socialista e só percibirá as indemnizacións, dietas e kilometraxe previstas nas bases de execución do orzamento vixente
Abadín, 8 de agosto de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Abadín denunciou hoxe no pleno municipal a manobra do alcalde, Xosé María López Rancaño, que pretendía aprobar unha “indemnización diaria” de 53,34 euros brutos por seguir como rexedor malia cobrar xa a súa pensión. Grazas á presión socialista, Rancaño viuse obrigado a retirar a proposta no último momento e anunciar que só percibirá as indemnizacións, dietas e kilometraxe previstas nas bases de execución do orzamento vixente.
“Era un dobre salario encuberto, incompatible coa pensión, como xa advertira a secretaria-interventora. O alcalde viuse forzado a recuar”, subliñou o voceiro socialista, Pablo Díaz. “O que pretendía era seguir cobrando a súa pensión e, a maiores, pasar a factura aos veciños por cada día no despacho. Grazas á nosa presión, esa manobra fracasou”.
O informe da secretaria-interventora do Concello foi claro ao advertir que a proposta non era unha verdadeira indemnización por gastos ocasionais, senón un soldo encuberto que suporía dedicación parcial ou exclusiva, obrigando a cotizar á Seguridade Social e resultando incompatible coa xubilación. Ademais, sinalaba que a percepción destas cantidades de forma periódica e recorrente non ten encaixe legal e debe considerarse retribución.
No pleno, cando se ía tratar a parte relativa á indemnización proposta por López Rancaño, o propio alcalde retirouna e limitouse a comunicar que se acollerá ás contías xa aprobadas no pleno de organización desta lexislatura para indemnizacións, dietas e kilometraxe. “Seguiremos vixiantes para que non intente reactivar por outra vía o que hoxe se viu obrigado a retirar”, advertiu Díaz.
Este episodio chega nun momento de evidente debilidade e inestabilidade do goberno local, despois de que no propio pleno de hoxe se dera conta da dimisión de Tania Rey Eimil, concelleira de Benestar Social do PP, quen renunciou tamén á súa dedicación exclusiva e deixou de prestar as súas funcións no executivo.
Na sesión, os socialistas tamén reclamaron explicacións ao goberno local por tres asuntos que preocupan especialmente á veciñanza. En primeiro lugar, denunciaron a falta recorrente de abastecemento de auga nas parroquias de Castromaior e As Goás, unha situación que se repite cada verán e que deixa a numerosas vivendas sen servizo.
En segundo lugar, cuestionaron os criterios arbitrarios para o desbroce de pistas, que xeraron numerosas queixas entre a veciñanza. Poñen como exemplo o caso de Moncelos, onde se actuou en tres viais, sendo un deles o que pasa diante da casa dunha concelleira do PP, mentres que o resto quedaron sen limpar.
Por último, advertiron do atraso na resolución do proceso de selección da praza de conserxe, que debía estar cuberta no mes de maio e que, a un mes do inicio do curso escolar, segue sen adxudicar.
“O PSdeG de Abadín vai seguir facendo o que lle corresponde: defender aos veciños, frear abusos e obrigar ao goberno local a dar explicacións e rectificar cando se equivoca”, concluíu Díaz.



















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



