Redeiras, encaixeiras e palilleiras impartiron un obradoiro dirixido a persoas interesadas no tecer para dar nova vida ás redes de pesca a través da arte
Burela, 9 de setembro de 2025. Burela continúa a poñer en valor o seu patrimonio mariñeiro. O pasado luns, a nave das redeiras transformouse nun espazo de aprendizaxe e intercambio de coñecementos arredor das técnicas tradicionais de confección e reparación de redes de pesca.
As propias redeiras foron as encargadas de guiar o obradoiro, no que tamén participaron as encaixeiras e palilleiras de Burela, así como persoas interesadas en achegarse a estes oficios vinculados ao tecer. O ambiente foi de colaboración e posta en común de saberes, co obxectivo de manter vivas prácticas artesanais que forman parte da identidade local.
Durante a sesión, amosáronse técnicas como o entrallado e o orillado dos panos de rede, procesos fundamentais no traballo mariñeiro. O resultado deste labor terá unha proxección especial, xa que as pezas confeccionadas integraranse na obra artística deseñada por David Catá, gañador do certame MoldeArte. O proxecto recolle redes en desuso para darlles unha nova vida no Molde do Faro situado na Marosa, símbolo da unión de Burela co mar.
Ademais, as palilleiras da vila tamén están a traballar nunha creación propia que formará parte desta iniciativa cultural, reforzando a idea de que a tradición e a arte poden camiñar da man.
Esta actividade insírese dentro do proxecto “Burela Alumea – O espello do faro”, que ten como epicentro o Molde do Pena Burela, recuperado no seu exterior e preparado para acoller no interior elementos representativos do patrimonio material e inmaterial pesqueiro. A proposta é promovida polo Concello de Burela a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña – Ortegal, entidade encargada de xestionar o programa FEMPA.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



