Esta medida facilitaría aos 63 pósitos galegos, que representan a máis de 10.100 profesionais, acceder a financiamento europeo no marco dos seus respectivos plans de produción e comercialización
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2025. A Xunta insta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a lexislación estatal, que obvia ás confrarías de pescadores como organizacións representativas do sector, e acadar o seu recoñecemento a nivel comunitario como entidades análogas ás Organizacións de Produtores Pesqueiros (OPP). Así o expuxo a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, onde reiterou o apoio do Goberno galego aos pósitos xa que xogan un papel esencial na desenvolvemento da actividade pesqueira galega e na xestión colectiva e sostible dos recursos mariños.
A directora xeral recordou que esta medida é unha vella demanda do sector xa que isto permitiría a estas entidades, 63 a nivel galego e que representan a máis de 10.100 profesionais, acceder a maior financiamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca, e de Acuicultura (Fempa). Nesta liña, explicou que as confrarías galegas son entidades sen parangón en Europa, das que persiste un gran descoñecemento nas institución europeas que apostan polas OPP como eixo do desenvolvemento dos obxectivos da Política Pesqueira Común (PPC). Así os fondos comunitarios recollen recursos específicos para o desenvolvemento dos seus respectivos plans de produción e comercialización.
Ángeles V. Suárez recalcou que os pósitos abordan as mesmas funcións que as OPP e compren os requisitos establecidos polo regulamento 1379/2013 da Organización Común de Mercados (OMC). Por iso manifestou o apoio da demanda do sector para que sexa a propia OMC a que recoñeza directamente esta equivalencia de status. Neste ámbito, criticou o incumprimento por parte do Goberno central, acadado en marzo do 2024, de constituír un grupo de traballo para a abordar a situación das confrarías na Organización Común de Mercado e o seu recoñecemento como OPP. Tamén denunciou que o Real Decreto 664/2023 que regula as diversas modalidades de asociacionismo no sector pesqueiro e marisqueiro continúa obviando ás confrarías a pesar de ser as organizacións máis representativas do sector.
Apoio da Xunta
En contraposición, a director xeral puxo en valor o marco normativo autonómico, co Decreto 8/2014 polo que se regulan as confrarías de pescadores e as súas federacións ou a Lei 9/1993 de confrarías de pescadores de Galicia que recolle a súa actividade no ámbito da organización e comercialización de produtos pesqueiros. Un recoñecemento legal que se suma ás liñas de axuda específicas para o desenvolvemento de accións no ámbito da formación, a modernización das instalacións e equipamentos portuarios, a valorización dos produtos do mar ou na mellora das condicións de traballo dos profesionais.
Ángeles V. Suárez resaltou que estas entidades constitúen un dos piares nos que se sustenta o modelo de cogobernanza que preside a xestión pesqueira na comunidade, cumprindo unha función estratéxica para o futuro desta actividade extractiva. Por iso, avogou por reforzar a identidade e valor social das confrarías así como garantir a súa participación na toma de decisión a nivel comunitario dado o seu impacto na sustentabilidade e desenvolvemento das comunidades costeiras.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



