Ribadeo, 5 de setembro de 2025. Atleet, tenda de deportes de recente apertura en Ribadeo, acaba de asociarse a Acisa.
Situada na Avenida Rosalía de Castro nas súas instalacións podemos atopar calzado, téxtil e accesorios para a práctica deportiva. O seu propietario, Marcos Veiga, asegura estar “moi contento coa acollida da tenda de Ribadeo”, que abriu as súas portas o pasado mes de xullo.
Natural de Bolaño, un pequeno pobo de Castroverde, puxo en marcha a súa primeira tenda deportiva no ano 2026 en Castro Riberas de Lea, a segunda en Lugo en 2018 e agora a terceira en Ribadeo: “porque é un pobo que me gusta moito, e cría que encaixaba o estilo de tenda que quería montar”, explica Marcos Veiga.
Atleet é un dos novos negocios asociados a Acisa Ribadeo. Marcos Veiga Arias teno claro: “porque todas a referencias da asociación que tiña eran moi positivas, e cando vin a cantidade de iniciativas e actividades que realizaban, xa non o dubidei”.
Desde Acisa “dámoslle a benvida e desexámoslle moita sorte”.
Atleet únese ás novas empresas que neste 2025 decidiron formar parte da familia de Acisa Ribadeo: Susana Kempes, O Tumbín Ponte dos Santos, Aware Cakes, Galán, Los Dulces de Delphine, Mary Poppins, Jilgueritos, Mimimó, Endesa, Quero Colo, Bar La Estación e Delicias. Desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industrias, Servizos e Autónomos subliñan que “agardamos seguir medrando ao longo das vindeiras semanas con novas incorporacións. Traballamos intensamente polas nosas asociadas e asociados e por Ribadeo e así o seguiremos facendo. A unión fai a forza e queremos ser moitos máis”.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



