Ribadeo, 2 de setembro de 2025. Máis de 48.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo de Ribadeo durante os meses de xullo e agosto. O visitante estranxeiro segue en ascenso nun verán de récord. Hoxe fixeron balance do verán o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz.
O rexedor declarou: “facendo unha valoración de todo o verán hai que destacar que Ribadeo é a capital turística e, dende logo, estamos moi satisfeitos do verán que tivo Ribadeo, cheo de actividades, iso é o noso slogan, Ribadeo ten vida todo ano, no verán tamén. Houbo moitas actividades para todos os públicos, para todas as cidades”.
O alcalde ribadense subliñou que “Ribadeo tivo máis xente que nunca, máis visitantes que nunca, batemos todos os récords. Evidentemente sendo unha capital turística somos coñecedores e somos conscientes de que hai que seguir mellorando. Non podemos caer no erro de que todo está ben, porque ante tanta xente, eu creo que se puxeron todos os servizos a punto e nos próximos anos iremos mellorando”.
Vega manifestou: “pero quedándonos realmente co que importa, os datos son moi bos, os datos destacan que hai un gran crecemento no turismo estranxeiro, no turismo nacional destaca Andalucía e evidentemente a praia das Catedrais é un imán. É dicir, moitas persoas chegan a Ribadeo e o primeiro encontro é a praia das Catedrais e despois veñen a Ribadeo. E aí, evidentemente, tamén vamos facer propostas á Xunta de Galicia nos próximos días. Por iso vamos ter unha reunión cos técnicos de turismo tamén coas persoas que están na vixilancia das Catedrais tanto no tiquetaxe como no control tamén dos accesos, para seguir mellorando, para non caer en ningunha tentación de que todo está ben. Todos temos que facer unha reflexión e mellorar”.
O alcalde contou que “Ribadeo tivo moita actividade no verán. Evidentemente, a parte de toda a actividade que fixo o Concello, hai que destacar aos colectivos desde Acisa, tamén os festivais tanto o Xara Fest, como o Vendaval Fest, todas as actividades gastronómicas: o percebe, a Festa da Ría, a carne ao caldeiro, a malla nas Anzas, é dicir, conxugamos vila, parroquia, aldea, rural. E tamén puxemos, xa o ano pasado, todos os areais en condicións, o Cargadeiro, grandes espazos verdes, grandes pulmóns de Ribadeo e todo o que ten que ver na vila con esas visitas guiadas, esas visitas teatralizadas, poñendo un valor tamén o noso patrimonio”.
Para Dani Vega “a celebración do Ribadeo Indiano foi un éxito Vamos seguir traballando para seguir mellorando e destacar que a hostalería estivo facendo un gran traballo, son grandes axentes turísticos. O comercio da vila tamén colabora, axuda, creo que ten datos moi positivos. Así o destacaba Acisa hai poucos días, onde os datos son todos de incremento. Ribadeo está avanzando a moi bo ritmo, todos o din. Todas as vilas destacan de Ribadeo o gran traballo destes 2 anos, sen minusvalorar todo o traballo que se fixo ao longo da historia de Ribadeo, porque o éxito é colectivo, non é individual, non é dun goberno, é do pobo en xeral”.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, explicou que “48.400 viaxeiros pasaron polas oficinas de turismo do Concello de Ribadeo durante os meses de xullo e agosto, batendo así efectivamente un novo récord de visitantes. No mes de agosto, contabilizáronse máis de 28.000 persoas nas oficinas de turismo de Ribadeo. No tocante ás procedencias do turismo, á procedencia estatal, Madrid segue sendo o principal emisor, xa que supón un 24,5 % no punto da información das Catedrais. É verdade que este ano considerouse o incremento tamén de Andalucía, é verdade que cada vez nos visitan máis persoas do sur da península. Con respecto ao turismo internacional representa xa un preto dun 10% no centro da vila e un 20% do total das visitas no punto de información da praia das Catedrais, debido seguramente á internacionalización deste monumento natural, que xunto ao Camiño Norte de Santiago e ao porto deportivo de Porcillán, converten a Ribadeo nese destino internacional”.
E engadiu: “desde a oficina de turismo seguimos organizando once percorridos, como en anos anteriores, guiados a través dos que se pode descubrir o noso importante patrimonio natural e cultural”.
A edil ribadense tivo palabras de agradecemento para o persoal as oficinas de turismo e das praias e para o sector privado: “por último, agradecer por suposto o traballo do persoal das oficinas de turismo e das praias, así tamén como ao sector privado, polo esforzo tan importante que levan facendo desde inicio de temporada, que cada vez empeza antes. Así entre todos e todas contribuiremos a acadar ese destino turístico de vangarda que todos desexamos”.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).


