Trabada, 8 de setembro de 2025. Con motivo do inicio do curso escolar, o Concello de Trabada puxo hoxe en marcha os dous programas de conciliación dirixidos ás familias: Madrugadores e Ludiseráns.
O servizo de Madrugadores desenvolverase de 8.00 a 9.30 horas, xusto antes de que empece a xornada lectiva. Pola súa parte, o programa Ludiseráns funcionará en horario de tarde, de 15.30 a 19.00 horas, unha vez rematadas as clases. Ambos servizos ofrécense de luns a venres e están pensados para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
Rubén García, alcalde de Trabada, subliñou que «con estes programas, reforzamos o noso compromiso coas familias, ofrecendo recursos que lles permiten compatibilizar mellor os seus horarios laborais coa atención aos fillos e fillas».