Mondoñedo, 2 de setembro, 2025. O equipo de goberno quere aclarar, unha vez máis, que as limpezas nas canles do barrio dos Muíños están programadas e se realizan de maneira regular todos os anos. Concretamente, neste espazo fanse tres actuacións anuais: unha antes do período de chuvias, outra ao rematar ese período e unha terceira no mes de xullo, coincidindo coa tempada alta turística, para garantir a mellor imaxe posible da cidade nun momento de gran afluencia de visitantes.
“Lamentamos que cada vez que este Concello programa un traballo cos recursos dispoñibles, a que consideramos a peor oposición da historia de Mondoñedo acuda a sacar unha foto e criticar por sistema, en lugar de propoñer si algo se pode mellorar”.
“Co seu comportamento, só contribúen a danar a imaxe da nosa cidade, que con esforzo e dedicación, desde as distintas concellerías do goberno municipal e xunto ao tecido asociativo, traballamos por coidar e mellorar”.
“O PSOE de Mondoñedo bota fume ao aire, sen achegar solucións reais probablemente porque non as teñen e, de feito, cando formaron parte do goberno local, a situación das canles non estaba moito mellor do que está hoxe, xa que 2non existía un calendario planificado de limpezas”.
“Desde o goberno local seguiremos facendo o noso traballo con planificación e responsabilidade, priorizando o mantemento e coidado do noso patrimonio e a boa imaxe de Mondoñedo”.