Os senadores do PP de Lugo, tras as súas vacacións, retomaron a farsa coa que queren enganar aos lucenses. Esta vez a conta da A74 sobre a que xa se deron os primeiros avances na súa tramitación.
Como é coñecido, aprovéitanse da súa maioría absoluta no Senado para facer ver que as súas mocións son de obrigado cumprimento. Unha de dúas; ou enganan deliberadamente ou, o que lles levaría ao ridículo, ignoran que desde hai máis de 30 anos o Tribunal Constitucional, e tamén o Tribunal Supremo, deixaron claro que as mocións carecen de efectos xurídicos. Por tanto, o PP no Senado dedica o seu tempo a promover a confrontación, sen querer chegar a ningún acordo e só co propósito de retratarse nos medios de comunicación. A ningunha outra cousa dedican o seu tempo.
Pero non é só mentira ou ignorancia; tamén incorren nunha manifesta contradición. Porque se tivesen interese real na a Autovía anunciarían que cando se presenten os Orzamentos do Estado e inclúan partidas para a súa construción, apoiaranos. Pero o PP xa anunciou que votarán contra eles. Por tanto, os senadores piden para A Mariña o que chegado o momento xa se anticipou que van rexeitar. Ou Balseiro, Barreiro e Serrano darán a sorpresa, desmarcaranse de Feijoo e votarán a favor?
A todo iso, engaden unha descarada hipocrisía porque esixen para a A74 e escóndense para pedir á Xunta o mesmo para a VAC Costa Norte ou para a variante de Viveiro, que tamén son vitais para as comunicacións da Mariña. Para estas non valen as mocións aprobadas polo Parlamento de Galicia?
Nin se lles ve por un só centro de saúde dos moitos con falta de profesionais, nin queren nin ouvir unha palabra das moitas débedas en infraestruturas que ten con Lugo a Xunta gobernada polo PP
É posible que os senadores do PP teñan razóns para estar desesperados por saír nos xornais, aínda que as eleccións xerais e as candidaturas dos partidos queden moi lonxe. Pero máis razóns hai para saber que o que fan no Senado, meteduras de pata incluídas, non serve para nada a un só lucense
César Mogo
Senador socialista por Lugo



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



