A instalación atópase agora no proceso de enchido de auga, polo que a previsión e que o vaso poida abrir ao público cara mediados de mes, en canto de restablezan os valores mínimos de temperatura
Cervo, 1 de setembro de 2025. O Concello de Cervo vén de dar por finalizados os traballos de rexuntado e reparación da piscina olímpica de Lieiro, unha intervención centrada na mellora da estanqueidade do vaso principal e na posta a punto das instalacións de cara á nova tempada.
As actuacións desenvolveronse durante todo o mes de agosto, aproveitando o peche ao público do vaso, e permitiron corrixir as filtracións detectadas na estrutura, así como reforzar as xuntas de estanqueidade, que presentaban un notable desgaste polo uso continuado e o paso do tempo. Ao mesmo tempo, realizáronse tarefas complementarias de mantemento co obxectivo de garantir o correcto funcionamento da infraestrutura.
Desde o Concello explican que se trataba dunha intervención necesaria e prioritaria, que responde ao compromiso do Goberno local co coidado e mantemento das instalacións deportivas municipais.
Unha vez finalizada a obra, cómpre agora agardar ao proceso de enchido do vaso da piscina, un procedemento complexo que require de varios días, xa que se realiza de xeito gradual para garantir a súa correcta posta en servizo, polo que a previsión é que as instalacións poidan abrir as súas portas a mediados deste mes.
Nos vindeiros días abrirase tamén o prazo de inscrición para as persoas interesadas en participar nos cursos e actividades deportivas e formativas habituais na piscina olímpica.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



