A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou este mércores na Casa da Cultura deste concello mariñán nesta xornada na que se abordaron as tendencias globais do sector turístico da comarca da man de expertos en economía circular ou xestión territorial
Lugo, 1 de outubro de 2025. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, asistiu este mércores na Casa da Cultura do Valadouro ao I Foro da Turismo e Sostibilidade da Mariña Lucense. Este evento organizado pola Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense reuniu a especialistas en economía circular, xestión territorial, turismo gastronómico e representantes locais que compartiron experiencias, abordaron os retos do desenvolvemento turístico e a importancia de avanzar cara un modelo máis sostible.
Este encontro, ao que tamén asistiron profesionais do sector, entidades públicas e veciños e veciñas da zona, serviu ademais para detectar as tendencias globais do turismo e esbozar o seu futuro na Mariña. Así mesmo, acompañaron á Deputada Provincial, o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, e a Presidenta da Mancomunidade da Mariña Lucense e Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, entre outras autoridades.
López Moreno destacou que a Deputación de Lugo “leva anos traballando cunha idea moi clara: o turismo non pode ser só unha carreira para medrar en cifras. Non queremos un turismo que esgote os nosos recursos nin que converta as nosas vilas e paisaxes en escenarios masificados, queremos un turismo que cree riqueza, identidade, cohesión e orgullo de pertencermos a esta terra”.
En concreto, sobre a comarca mariñá recalcou que “coa súa diversidade de paisaxes, co seu patrimonio natural e cultural, coa súa gastronomía e coa súa xente, teno todo para liderar este modelo. Pero faino, e debe facelo, desde a sostibilidade e cunha planificación intelixente que poña á veciñanza no centro e que evite cometer os erros que vemos noutros lugares”.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



