O Presidente vén de asinar un acordo coa presidenta do colectivo a través do cal a institución achega 6.000€ para financiar o programa Apoio na planificación e xestión de proxectos de ocio e apoio a persoas con discapacidade intelectual
Lugo, 8 de outubro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos coa presidenta de ASPANANE, María Dolores Fernández, un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achega 6.000€ para financiar o programa Apoio na planificación e xestión de proxectos de ocio e apoio a persoas con discapacidade intelectual. Grazas a este convenio, a entidade social poderá contar cun profesional cualificado en técnico de ocio e tempo libre, que dinamizará actividades culturais, de ocio e tempo libre adaptadas ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual, fomentando a súa autonomía, integración social e participación activa.
Este programa, que comezou o pasado mes de marzo e que desenvolverá ata o mes de decembro, busca mellorar a calidade de vida e benestar físico, social e emocional dos usuarios e usuarias, ao tempo que promove a colaboración e a participación das familias. Permitirá organizar actividades no Centro de Día e no Centro Ocupacional que ASPANANE ten en Celeiro no Concello de Viveiro, así como eventos para datas significativas como Antroido, Magosto e Nadal.
José Tomé Roca explicou que “reafirmamos o noso compromiso coas persoas con discapacidade intelectual e coas súas familias, promovendo un modelo de atención que combina inclusión, ocio de calidade e apoio individualizado”.
Grazas ao apoio da Deputación porque este programa “permitirá mellorar a calidade de vida, o benestar físico, social e emocional dos usuarios, así como desenvolver habilidades sociais, fomentar a autoestima e potenciar a participación activa nas actividades de ocio e culturais”.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



