A Mariña, 8 de outubro de 2025. As oficinas de información turística dos concellos da Mariña locen xa a súa imaxe renovada. Logo dun proceso iniciado no ano 2024 co diagnóstico de necesidades e melloras, rematouse a execución da rotulación tanto interior como exterior das instalacións.
Trátase dun proxecto que ten como obxectivo ofrecer unha imaxe de marca homoxénea do territorio, facilitándolle ás persoas que se achegan a estes puntos unha identidade visual recoñecible e destacada, en liña co traballo de promoción realizado ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística desenvolvido desde a Mancomunidade.
A comunicación corporativa xoga un papel esencial para construír, manter e mellorar a reputación dun destino, así como para promover o seu posicionamento dunha maneira exitosa na mente das persoas que viaxan. Asemade, a implementación da imaxe turística nestes locais reforza o sentimento de pertenza da poboación, que pode gozar de espazos públicos cunha imaxe propia coa que identificarse.
Elementos corporativos
Cada oficina foi personalizada en función das súas características particulares, incorporando a imaxe de marca A Mariña xunto co nome de cada municipio. En cada punto instaláronse, en función das necesidades e condicionamentos concretos, bandeirolas exteriores, placas ou vinilos en portas ou cristaleiras exteriores, letras corpóreas ou vinilos en mostradores, e porta folletos co QR que enlaza á web da Mariña.
Para Rocío López, presidenta da Mancomunidade, “o traballo en rede e a comunicación fluída entre as Oficinas de Información Turística e a propia Mancomunidade foron elementos fundamentais para acadar un resultado satisfactorio”. Ademais quixo “agradecer expresamente a implicación dos responsables de turismo municipais e das propias oficinas, cuxa labor foi clave durante o proceso de execución deste proxecto”.
Esta actuación de mellora das oficinas de turismo enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística A Mariña Lucense 2022-2024, concretamente no eixo 3 “cuxo obxectivo é a mellora da imaxe conxunta máis a transformación dixital do sector”, indicou Rocío López. Neste senso, ademais desta actuación, con anterioridade levouse a cabo a mellora da interrelación e xestión de datos e información turística municipais coa posta en marcha da ferramenta Infotourist Net e o subministro de tablet, máis a formación para os técnicos, informadores e traballadores do sector turístico privado en Novos retos e oportunidades en marketing dixital. O plan está cofinanciado pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e a propia Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense.























A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



