A portavoz, Conchita Novo, advirte que “os orzamentos municipais reflicten a parálise, a falta de ambición do goberno local e o estancamento do Concello” toda vez que se conxela a previsión de recadación polo imposto de construcións, baixa a de licencias e a de apertura de novos negocios”
A Pontenova, 8 de outubro de 2025. O PP da Pontenova convida ao alcalde socialista, que acaba de presentar os orzamentos do 2025, a “poñerse a traballar nos do 2026” que deben estar vixentes a día 1 de xaneiro do próximo ano.
Así o traslada a portavoz, Conchita Novo, despois de que o goberno local socialista aprobara recentemente as contas para este ano 2025 cando só faltan tres meses para rematar o ano e “tiñan que estar aprobadas definitivamente antes do comezo do actual exercicio”.
A popular explica que “os propios informes dos técnicos municipais recollen que o alcalde levará a proposta de orzamento ao Pleno -cos informes pertinentes- antes do 15 de outubro e que deberá aprobarse de forma definitiva antes do 31 de decembro de 2024, como establece a normativa reguladora de facendas locais”. Polo tanto, advirte que “este goberno vai un ano tarde cos presupostos”.
Conchita Novo tamén condena que “o goberno prevé subir varios impostos e taxas aos veciños e veciñas” e, aínda así, “conta con reducir ingresos”. Segundo a previsión, “os veciños e veciñas pagaremos máis polo Imposto de Bens Inmobles (IBI) de urbana, que sube un 17%, e polo imposto de circulación (IVTM)”, co que o goberno municipal agarda recadar preto dun 20% máis que no pasado exercicio”. Tamén triplica a previsión de ingresos pola taxa de ocupación de vía pública polo que “semella que tamén subirá esas taxas e impostos”.
Por outra banda, lamenta que “non se prevé crecemento ningún” evidenciando a falta de ambición por parte do goberno local. É máis, “os orzamentos deixan claro que o PSOE vaticina un futuro escuro para A Pontenova”. De feito, “conxélase a previsión de recadación polo imposto sobre construcións (ICIO), a de licencias baixa nun 17% e doutros servizos urbanísticos coma a apertura de novos establecementos baixa nun 60%”.
O PP da Pontenova xa advertira o ano pasado que a conta xeral do 2023 evidenciaba “a falta de impulso ao desenvolvemento económico do municipio por parte do goberno local socialista” que deriva nun “estancamento” do concello.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



