Burela, 11 de outubro de 2025. A Asociación Esperanza de loita contra o cancro tén como un dos seus obxectivos a sensibilización da sociedade na prevención do cancro. O venres día 17 do presente mes de outubro Esperanza, neste caso coa colaboración do voluntariado de Alcoa San Cibrao, volve a organizar unha xornada escolar ao respecto, chegando así á cuarta edición.
O seu destinatario será o alumnado de sexto de Primaria dos dous ceips do concello de Burela, Os Castro e Vista Alegre, e terá lugar na Praza de Abastos. Seguindo o esquema da edición anterior, a xornada, que comezará ás nove e cuarto da mañán e rematará á unha e cuarto da tarde, haberá ponencias informativas e de prevención seguidas de coloquio con preguntas, e un concurso de debuxo. Non faltará a degustación dun almorzo saudable e unha entrega de regalos ao alumnado participante.
As ponencias serán impartidas polos médicos residentes de Medicina Familiar e Comunitaria do Hospital da Mariña Carlos Padilla Varón Javier Castillo Núñez, Juan J. Eiroa Bermúdez, Néstor Condarco Elías e Sharon Montoya Ramón, xunto co Diplomado Universitario en Enfermería de Atención Primaria Juan Lorenzo Otero.
Dende a Asociación Esperanza queren agradecer ao persoal médico-sanitario indicado a súa colaboración, xa que son eles os que aportan os criterios científicos e as pautas de comportamento para a sensibilización e prevención do cancro. E unha vez máis tamén temos que agradecer a colaboración decisiva do voluntariado de ALCOA para poder realizar este tipo de actividades Por último, non podemos esquecernos da colaboración prestada un ano máis polos dous ceips, Vista Alegre e Os Castros, polo Concello de Burela e o Hospital Público da Mariña para a realización desta xornada.
Esperanza considera moi importante e relevante esta actividade, xa que se trata de informar a un sector da poboación, a infantil, sobre unha enfermidade que moitos a contemplan de lonxe, mais uns poucos están a vivila de cerca, e que ao longo da vida a case todos eles lles tocará, ainda que sexa de xeito colateral. Con esta actividade, Esperanza dá un moi pequeniño paso cara o seu obxectivo final: traballar para erradicar, cando menos minimizar, os efectos do cancro nas persoas, nas familias e na sociedade.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



