A Mariña, 24 de outubro, 2025. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal pon en marcha DIVULMAR, un proxecto integral de sensibilización dirixido a toda a cidadanía co obxectivo de conxugar a posta en valor da riqueza dos fondos mariños coa concienciación sobre o consumo responsable. A iniciativa, organizada por Maremasma, profesionais da bioloxía mariña e a conservación con máis de 10 anos de experiencia, aposta por un formato educativo e inclusivo, donde o obxectivo fundamental é a posta en valor do patrimonio medioambiental do territorio da Mariña−Ortegal e a importancia do coidado e da conservación da súa biodiversidade a través dun enfoque didáctico e práctico.
O proxecto ten un forte compoñente de investigación e divulgación: ademais de documentar por primeira vez certos hábitats submarinos vulnerables, creará contido exclusivo sobre pesca e consumo.
Proxecto integral: Exposicións, Tecnoloxía e Biodiversidade
DIVULMAR presenta un amplo abano de actividades e materiais deseñados para conectar á toda a poboación co medio mariño:
1. Experiencia 360º: Mergullando nos ecosistemas mariños. Os participantes poderán coñecer os fondos da Mariña−Ortegal a través dunha inmersión con lentes de realidade virtual, narrada por profesionais, dirixida a todos os públicos
2. Exposición Fotográfica: Presentación da mostra “OCÉANOS, unha viaxe dende as augas de A Mariña-Ortegal ata os diferentes ecosistemas mariños do mundo”.
3. Exposición de Biodiversidade Mariña e Impactos: Unha mostra didáctica que aborda tanto a inmensa riqueza da fauna e flora local como a problemática da contaminación e os residuos.
4. Obradoiro de pintura sobre o medio mariño. Enfocado principalmente ao público infantil.
5. Vídeos Exclusivos. Presentación dun vídeo con imaxes capturadas in situ polos propios membros do equipo de Maremasma, que garanten a autenticidade da documentación e ilustran as especies máis características. O vídeo pon en valor o patrimonio mariñeiro, e os recuros costeiros da contorna de A Mariña – Ortegal.
Segundo Rosana González Vizoso, xerente do GALP A Mariña-Ortegal: “Este proxecto é vital porque achega a riqueza do noso mar dun xeito interactivo e innovador a toda a sociedade. Queremos que a cidadanía, a través da investigación dos nosos hábitats vulnerables e do coñecemento das artes de pesca sostibles, se converta en embaixadora da sostibilidade do noso territorio”.
Xornadas interactivas en Valdoviño e Foz
As xornadas céntranse nun programa de actividades aberto á cidadanía en xeral (experiencia 360º, obradoiros, exposicións) e terán lugar en dous puntos do territorio da Mariña−Ortegal.
Valdoviño (8 de novembro) e Foz (15 de novembro). A inscripción para a experiencia de lentes 360º realizarase in situ o mesmo día das xornadas e atenderase según orden de chegada.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



